| O incremento da esperanza de vida que experimentou a población, xunto co descenso continuado da taxa de nataliade, explican o progresivo envellecemento da nosa sociedade. Polo tanto, a terceira idade constitúe na actualiade un grupo moi numeroso da población, que ademais se encontra nunca situación especial, con efectos físicos, psicológicos e socias que non son iguais para todos e poden aparecer antes ou despois desa idade. Unha desas situacións especiais é a relacionada coa enfermidade de Alzheimer, que se define como unha demencia pregresiva e irreversible, caracterizada pola perda de diversas capacidades intelectuasis, o que conduce a un comportamenteo alterado, con perda dos hábitos de coidado persoal, deterioro das relacións coas persoas e co contorno e trastornos neurológicos diversos. Do que non cabe dúbida, é que o mal do Alzheimer trae como resultado a incapacitación do enfermo, que para o seu coidado e asistencia fai necesaria a presencia de, polo menos, outra persoa que, habitualmente, soe ser un familiar. Estas persoas saben que coidar a alguén pode resultar unha experiencia satisfactoria, pero saben tamén que se trata dunha tarefa solitaria, difícil, ingrata e moi poucas veces recoñecida, que conleva, esforzo e dedicación.
As asociacións de familiares de Alzheimer son, hoxe por hoxe, a ponte e a clave para conseguir que, desde ámbitos directamente implicados, o benestar dos enfermos e das súas familias sexa o máis axeitado e elevado posible. Ante a necesidade de mellorar a calidade de vida dos enfermos de Alzheimer, así como a dos seus familiares, constitúese en decembro do ano 2001, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Bergantiños (AFABER), con sede en Carballo. Os seus fins prioritarios son: Prestar asistencia psicolóxica e moral ós afectados pola enfermidade de Alzheimen Asesorar ós familiares en materia legal, social e económica. Promocionar e difundir nos medios de comunicación social e entre os axentes sociais, todo o referente ó posible diagnóstico da enfermidade, así como a súa terapia e prevención.
Facilitar, mellorar e controlar a asistencia ós enfermos para mellorar a súa calidade de vida. Estimular as investigacións e estudios sobre a incidencia, evolución terapéutica e posible etioloxía da enfermidade. Manter os contactos necesarios con outras entidades a asociacións adicadas ó estudio da enfermidade de Alzheimer e integrarse noutras asocaicións, federacións ou confederacións que teñan o mesmo obxecto que Afaber. Crear centros de atención para persoas que padecen este mal. Afaber ofrece diferentes servicios e programas dirixidos a acadar os obxectivos xa mencionado. Consideramos prioritario dar a coñecer a finalidade da asociación e acadar apoios para o seu funcionamento, para o que manteñen contactos permanentes cos responsables da política social dos concellos da comarca de Bergantiños, así como cos departamentos de servicios sociais, centros médicos, etc. Tamén se manteñen contactos con outras asociacións, fundacións, organizacións ou empresas da comarca e se realizan charlas informativas en asociacións ou centros escolares. Entre estas actividades de difusión, destaca a realización de campañas publicitarias e charlas polos concellos de Bergantiños para así concienciar tanto a familiares afectados como á propia sociedade sobre como pode afrontar unha enfermidade que se basa nunha dexeneración progresiva e gradual das facultades intelectuais e de comportamento social.
Unha das actividades xa arraigadas neste ámbito é a Celebración do Día Mundial do Alzheimer, que se celebra o 21 de setembro, no que, habitualmente se celebra unha mesa redonda na que se abordan aspectos médicos, psicolóxicos e legais. Tamén se instala unha mesa informativa na Praza do Concello. Entre os servicios máis importantes que os socios poden atopar en Afaber están os servicios de asesoramento psicolóxico, xurídico‑social e sanitario. 0 ámbito psicolóxico é un dos que máis cambia durante a emfermidade, producíndose alteracións cognitivas como a perda de memoria, alucinacións e delirios, deambualción errante, axitación e perda de habilidade emocional. Os enfermos sufren tamén de depresión, ansiedade, alteracións do sono e da alimentación e desorientación temporal e espacial. Por este motivo, unha das actividades de máis éxito é a que se organiza no seo dos grupos de apoio, na que se traballan os recursos sociais, a memoria (linguaxe, orientación, atención, razonamento,...), aspectos psicolóxicos, manualidades, relaxación,... nos que participan tanto enfermos como familiares. Ademais relízanse intervecións individuais con familaires e con enfermos.
No servicio xurídico‑social ofrécese orientación sobre os aspectos legais que implica a enfermidade e poténciase o voluntariado e outras iniciativas sociais, e no servicio sanitario, profesionais da enfermería e da fisioterapia, asesoran ós coidadores dos enfermos de Alzheimer sobre as necesidades e coidados que precisan ditos enfermos, e realizan tamén recomendacións para o mantemento do benestar dos coidadores. Afaber organiza periodicamente cursos e talleres formativos e xornadas sobre o Alzheimer e sobre as medidas que poden adoptar os familiares para o seu tratamento, e organiza tamén actividades lúdicas para facilitarlle a súa tarefa ó coidador e mellór a calidade de vida dos enfermos. A asociación finánciase coas cuotas que aportan os seus socios e con subvencións das administracións, convenios, donacións ou co patrocinio doutras entidades. Afaber está presidida por Jesús Manuel Villar. Tamén forman parte da súa Xunta Directiva Mar Barca, José Pailos, Agustín Bello, Maria Jesús Gómez, Lara Rodríguez, Montse Pérez, Josefa Vecino, Dosinda Varela, Carmen Serrano e Dolores Rodríguez.
|