A Enfermidade do Alzheimer, é a causa máis frecuente de demencia nas persoas maiores, é un trastorno grave, dexenerativo, producido pola pérdida gradual de neuronas cerebrais, cuxa causa non é do todo coñecida. Trátase dunha enfermidade moi rara nos pacientes xóvenes, ocasional nos de mediana idade e máis frecuente a medida que se cumpren anos.

A enfermidade afecta ás partes do cerebro que controlan o pensamento, a memoria e a linguaxe. Aínda que cada día se sabe máis sobre a enfermidade, sen embargo descoñécese a causa exacta da mesma e hoxe por hoxe non se dispón dun tratamento eficaz.

O Alzheimer é a demencia máis frecuente. Non é parte do envellecemento normal, non é contaxiosa e tampouco hereditaria -salvo nun pequeno porcentaxe de casos que non sobrepasa o 5 %, a inmensa maioría dos casos son dos xhamados esporádicos-. É unha enfermidade ligada á idade e, actualmente, hai uns 800.000 enfermos en España.

A demencia é un trastorno cerebral que afecta seriamente á habilidade dunha persoa para levar a cabo as súas actividades diarias. É unha deficiencia na memoria de curto prazo -esquécese as cousas que acaban de ocorrer- e a longo prazo -elimínanse os recordos-, asociada con problemas do pensamento, do xuízo e outros trastornos da función cerebral e cambios na personalidade.

Os síntomas da demencia inclúen a incapacidade para aprender nova información e para recordar cousas que antes se sabían; problemas para falar e expresarse con claridade, ou para levar a cabo actividades motoras ou para recoñecer obxectos. Os pacientes, ademais, poden sufrir un cambio na súa personalidade e poden ter dificultades para traballar ou levar a cabo as actividades habituais. En ocasións poden presentar síntomas similares á depresión (como tristeza ou problemas de adaptación) ou similares á ansiedade.

 

PROGRESIÓN DA   ENFERMIDADE DO ALZHEIMER

Etapa

Duración

Problemas

Dependencia

Inicial

3 – 4 anos

-         Fallos de memoria

-         Dificultade para atopar as palabras de nomes ou obxectos

-         Problemas de concentración

-         Pode vivir de xeito independente e manter a súa hixiene   persoal.

Intermedia

2 – 3 anos

-         Afectación grave da memoria.

-         Problemas de conducta

-       Vai perdendo a autonomía

-       Precisa axuda nas actividades básicas coma o aseo persoal,   vestirse e incluso a alimentación.

Final

2 – 3 anos

-         Pérdida completa da memoria e do xuízo

-         Pérdida progresiva da linguaxe

-         Pérdida completa do control de esfínteres

-         Inmobilidade

-       Dependencia absoluta

¿Existe tratamento para o Alzheimer? Na actualidade non existe un tratamento que pare ou invirta o proceso da enfermidade, pero sí existen medicacións e terapias non farmacolóxicas que poden paliar os síntomas da enfermidade e enlentecer o proceso da enfermidade.