AFABER desprázase aos Concellos de Santa Comba e Vimianzo, coa fin de manter informada e orientada ás poboacións da Comarca do Xallas e da Comarca do Soneira, en materia de Alzheimer e doutras demencias.

O Punto de Información e Atención sobre o Alzheimer e outras demencias de AFABER situarase enn:

  • No Centro de Cultura do Concello de Santa Comba, os luns e martes en horario de 10:00 a 13:00 horas.
  • No baixo do Concello de Vimianzo ao carón das dependencias do Xulgado de Paz, os mércores e xoves de 10:00 a 13:00 horas

 

Grazas ao Programa Rede Paraugas da Fundación Barrié e da Federación de Asociacións Galegas de Alzheimer (FAGAL), que ten coma obxectivo mellorar a calidade de vida das familias, coidadores e dos propios afectados; faise posible que ata finais deste ano, AFABER poida ofrecer información, orientación e asesoramento a todas as persoas que estean interesadas.