AFABER naceu no ano 1998, grazas á iniciativa dun pequeno grupo de familiares. É no ano 2001 cando AFABER se constitúe como Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Bergantiños. A día de hoxe, conta con case 200 socios/as, e entre os seus obxectivos están proporcionar información e asesoramento a toda a poboación en xeral, e aos familiares en particular, sobre calquera aspecto social, médico e educativo, que se poida presentar no desenvolvemento da enfermidade do Alzheimer.

As asociacións xurden coa finalidade de traballar por un obxectivo común, para buscar solucións, compartir experiencias, inquietudes e información con persoas na nosa mesma situación, e supoñen hoxe en día unha gran axuda para as familias, á hora de facer frente á enfermidade.

AFABER pertence a FAGAL (Federación de Asociacións Galegas de familiares de enfermos de Alzheimer) que á súa vez pertence a CEAFA (Confederación Española de Asociacións de Familiares de enfermos de Alzheimer).

AFABER é unha Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer de Bergantiños, que se creou para informar e sensibilizar á poboación en xeral, e aos familiares en particular. O obxectivo de AFABER é mellorar a calidade de vida do enfermo de Alzheimer, así coma dos seus coidadores habituais, a través dunha atención integral de todos os aspectos da súa vida diaria.




AFABER traballa sobre tres ámbitos fundamentais para o beneficio de todos:


Doente
Intervir sobre a persoa afectada da demencia coa finalidade de manter a súa calidade de vida o maior tempo posible tanto a nivel de doenza, psicolóxico ou social
C28C12F4
A familia do doente

Para que teña as ferramentas e recursos axeitados que dean resposta as responsabilidades adquiridas para o coidado do doente e as propias mediante o descanso que lle proporciona a propia unidade e a formación e atención que implica para si mesma.

Social

Finalidade menos evidente da unidade pero fundamental para a normalización das familias e dos enfermos. Preténdese traballar o contorno social para que dea resposta a esta problemática social e cumpra a dobre función de detección e intervención.



Segundo as tres finalidades expostas no apartado anterior desenvólvense tres liñas de obxectivos:



1.Dende a perspectiva do doente

1.1 Intervir sobre a doenza do xeito máis axeitado posible mediante terapias de estimulación axeitadas.

2.1 Potenciar as capacidades físicas, cognitivas e funcionais dos usuarios

3.1 Fomentar a autonomía do doente de demencia o maior tempo posible mediante a estimulación e o adestramento en AVD

4.1 Promover a autoestima persoal no doente

5.1 Evitar o illamento social dos doentes

6.1 Adaptar calquera recurso socio-sanitario aos obxectivos anteriores



2.dende a perspectiva da familia

2.1 Manter unha comunicación bidireccional continuada entre a familia e os técnicos do centro sobre a dinámica do mesmo e a evolución do familiar afectado.

2.2 Prestar o apoio necesario (psicolóxico, social, ocio, etc.) ás familias que se ocupan do coidado das persoas enfermas.

2.1 Formar aos coidadores-familiares en cuestións específicas relativas a calquera ámbito da enfermidade, así como no adestramento de habilidades para sobrelevala.



1.dende a perspectiva social

3.1 Vincular a unidade terapéutica ao contorno onde está situada.

3.2 Realizar campañas de concienciación sobre a problemática social da enfermidade de Alzheimer e outras demencias.

3.3 Promover actos que permitan un maior coñecemento dos beneficios deste recurso socio-sanitario.