SERVIZO DE ACOLLIDA E PRIMEIRA ATENCIÓN

-          Información sobre a enfermidade do Alzheimer

-          Información sobre a Asociación AFABER

-          Información sobre os servizos e programas

 

ORIENTACIÓN EN RECURSOS SOCIAIS

-          Orientación, información e asesoramento sobre recursos públicos e/ou privados

-          Axuda na tramitación.

 

ORIENTACIÓN XURÍDICO-LEGAL

-          Incapacitación legal

-          Outras cuestións legais

 

INTERVENCIÓN PSICOLÓXICA CON FAMILIARES

-          Expresión de sentimentos e emocións

-          Solución de problemas

-          Redución do aillamento social

-          Diminución tensión físico – cognitiva

-          Sintomatoloxía da Enfermidade do Alzheimer

 

TERAPIAS FAMILIARES DE GRUPO

-          Resolución de problemas

-          Expresión de sentimentos e emocións

-          Ampliación da rede social de apoio

-          Outros

 

GRUPOS DE APOIO PSICOLÓXICO

AFABER continúa levando a cabo os Grupos de Apoio ou Grupos de Axuda a Familiares de enfermos de Alzheimer. Teñen lugar todos os primeiros mércores de cada mes 20:15h.

 

Son os familiares quen mellor comprenden a situación que acotío viven nos seus fogares. Por este motivo, son os grandes apoios doutras persoas que viven na mesma situación.

 

Nestas sesións os familiares e coidadores habituais poden expresar libremente os seus sentimentos pola situación sobrevida, e realizar confesóns de sentimentos que quizais a un profesional non fosen capaces. Estas persoas anímanse e aconséllanse entre sí.

 

Estes Grupos de Apoio son supervisados por unha psicóloga que dirixe as sesións.

 

TRANSPORTE ADAPTADO

-          AFABER ten asinado un contrato cunha empresa de transporte sanitario para acercar e levar aos usuarios: do fogar ao centro e viceversa.

-          Información e asesoramento sobre o funcionamento, características e tramitación para o Servizo Galego de Mobilidade Persoal. “065”.

 

SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

O obxectivo deste programa é ofrecer un servizo de axuda a persoas e familias que sofren a enfermidade de Alzheimer e/ou outras demencias en fase moi avanzada, no seu domicilio mantendo a estas persoas no seu fogar o maior tempo posible ao tempo que se mellora a súa calidade de vida.

 

Un dos requisitos indispensables para xenerar dereito a este servizo será o de ser socios/as da Asociación AFABER cunha antiguedade mínima dun ano. (Debido isto último a grande demanda que se espera).

 

OBRADOIROS DE ESTIMULACIÓN FÍSICO-COGNITIVA

-          A Asociación AFABER ofrece actividades dirixidas a persoas afectadas pola enfermidade do Alzheimer en fases iniciais e/ou moderadas. Estas actividades teñen coma obxectivo, potenciar as capacidades que actualmente posúen, retrasando deste xeito o proceso da enfermidade do Alzheimer.

-          AFABER ofrece tamén exercicios para realizar no propio domicilio, o coidador principal acode ao centro cada semana ou quincenalmente para recoller os exercicios e recibir información sobre a maneira de presentalos e realizalos.

 

O obxectivo xeral deste servizo e mellorar a calidade de vida do enfermo de Alzheimer e das persoas que o rodean e coidan habitualmente, a través dunha atención integral de todos os aspectos da súa vida diaria que se ven afectados trala diagnose do mal de Alzheimer nun membro da familia.

 

FORMACIÓN ESPECIALIZADA

-          Cursos dirixidos a coidadores profesionales e/ou non profesionales, destinados á dotación de coñecementos específicos sobre á enfermidade do Alzheimer, os seus coidados e as circunstancias que rodean a enfermidade do Alzheimer

 

ACTIVIDADES LÚDICAS E DE MANTEMENTO DA SAÚDE

-          Coa intención de aumentar e, incluso, crear novas redes de apoio e reducir o aillamento social. AFABER organiza actividades lúdicas e de mantemento da saúde:

  1. oActividades coma cursos de ioga, ximnasia de mantemento, risoterapia, laborterapia, autoestima e autovaloración, etc.
  2. oDo mesmo xeito, celébranse as festas coma o magosto, o Nadal, o Antroido, o peche do curso, etc.

 

-          Estas actividades tamén axudan ás persoas afectadas pola enfermidade do Alzheimer a orientarse en canto ao tempo.