Noticias

O domingo 25 de setembro, AFABER clausura os seus actos conmemorativos do Día Mundial do Alzheimer.

Ás 12:30 terá lugar unha misa en recordo das persoas afectadas pola enfermidade do Alzheimer, na Igrexa Parroquial de San Xoan Bautista de Carballo.

Logo da misa, AFABER ten organizado o acto "Bota unha man co Alzheimer". As persoas que ata alí se acheguen poderán "botar" unha man cunha mensaxe positiva nunha urna, nun simulacro de votación. Este acto terá lugar nos exteriores da Igrexa